O Noso Lema:

''Os problemas se poden resolver coma amigos, falar e abrazarse é unha boa medicina.''

viernes, 24 de abril de 2015

XUSTIFICACIÓN DA NOSA CAMPAÑA

Na Declaración dos dereitos humanos e nos Dereitos e Deberes fundamentais da Constitución Española constan algúns dereitos relacionados co noso tema, polo que un conflictose pode dicir que é recoñecido como un problema internacional.
         
          a) Declaración dos dereitos humanos:
            
     Artigo 7: Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual proteción da lei. Todos teñen igual proteción contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
            
     Artigo 11.1: Toda persoa acusada dun delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuizo público que se lle aseguraran todas as garantías necesarias para a súa defensa.
            
     Artigo 10: Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser escoitada publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para a determinación dos seus dereitos e obrigacións ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.

          b) Dereitos e deberes fundamentais da Constitución Española:

     Artigo 21.1: Recoñécese o dereito de reunión pacífica e sen armas. O exercicio deste dereito non precisará autorización previa.

     Artigo 15: Todos teñen dereito a unha vida e integridade física e moral sen que, en ningún caso, podan ser sometidos a tortura ou penas e tratos inhumanos ou degradantes.

     Artigo 20 da Constitución: Recoñécense e protexen os dereitos:
a) A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.

          c) Leis autonómicas (Galicia):

             Artigo 1. Obxecto da Lei:

1. A presente Lei ten por obxecto a regulación da institución de mediación familiar en Galicia, como método de intentar solucionar os conflitos que poidan xurdir en supostos de ruptura matrimonial ou de parella.


2. A mediación familiar que regula a presente Lei poderá utilizarse tanto con carácter previo á iniciación de procedementos xudiciais como para achar saída a procedementos xudiciais en curso, co fin de obter solucións ás causas determinantes dos conflitos matrimoniais ou de parella.

     As leis europeas recomendan o uso e a disposición á mediación familiar para todos os seus habitantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario